jueves, 10 de febrero de 2011

Casa Farnsworth



Análise técnico
Forma: Construcción dunha única altura, dedicada a vivenda particular , organizada sobre a base de dúas plataformas rectangulares dispostas de maneira asimétrica, e que se separan do chan por piares de aceiro. O conxunto ocupa unha superficie de 23’5x8’8m . Uns 206 m² na vivenda e uns 111 m² a terraza.
Método: Esta estructura está realizada en aceiro, cristal laminado en placas de travernino romano para o chan e a cuberta.



Descripción xeral: A casa Farnsworth converteuse nun icono da arquitectura modernista. Está situada nunha paisaxe natural moi próxima a un río e cun dos seus lados orientados a un bosque, que a separa da corrente de auga e outro hacia un pequeno prado. O edificio organízase a partires de dúas plataformas rectangulares. A primeira delas, a que se accede a través de catro escalóns lineais, carece de muros e cuberta e actúa como unha terraza. Dende ela, outros cinco escalóns idénticos facilitan o acceso a segunda plataforma . Esta consta dun primeiro espazo, cuberto pero aberto o exterior por tres dos seus lados , que se utiliza como porche. Pasado o porche, accedese ao interior da vivenda. Chama a atención xa que carece completamente de muros, que se sustituíron por pantallas de cristal que van do chan o teito. O único que rompe o campo de visión son unhas cortinas. No interior non ten divisións realizadas en obra, solo se atopa no centro unha disposición de Madeira na que se atopan dous baños separados por un armario e xunto o cal se dispón tamén unha cociña americana. O resto da vivenda non está compartimentado, aínda que podemos diferencias as zonas referidas ao salón, o comedor e os dous dormitorios.




No hay comentarios:

Publicar un comentario